lunes, 20 de diciembre de 2010

ATOMIZADOR Y ESPERIT! XIRA GALEGA




Ola a todos!!

Teño o pracer de presentarvos a inminente xira galega de Esperit! e Atomizador, que veñen a presentar o seu flamante LP compartido coeditado por Afeite al Perro, Chingaste la Confianza, Enhorabona e Big Jim Records. As datas son as seguintes (pronto confirmarei horarios):

Domingo 26/12: Amalgama, Vigo

Lunes 27/12: Pontevedra
Martes 28/12: Casa das Atochas, A Coruña
Mércores 29/12: Bar Labranza, Bueu


Atomizador é un dos múltiples proxectos de Jose (outrora guitarra e voz de A Room With a View, Ensaladilla Rusa ou Campamento Ñec Ñec), responsable do selo punk-experimental Afeite al Perro, plataforma desde a cal leva publicada unha infinidade de referencias (Humor Vítreo, Sudor, Pulmón, Burro Ácrata, Eten, Biko, C-Utter...) que documentan unha riquísima realidade de diversidade e risco sonoro. Logo de publicar numerosas referencias de noise analóxico baixo o nome de Atomizador, recupera para este LP a guitarra, o ukelele e os xogos de voces, recordando a súa habilidade para crear melodías, que xa amosara con A Room e Campamento. Dicir que Jose tamén se adica a facer debuxos, moitos dos cales se poden ver no seu prolífico zine HAZ.

Pola súa parte, Esperit! é o proxecto persoal de Mau (antes en Zeidun, Les Aus e Omega Cinco), onde exerce de multiinstrumentista e multicacharrista, colaborando en ocasións cos máis variopintos persoeiros e deixando sempre espacio para a improvisación, e resultando da mistura unha chea de sons psicodélicos de doces e profundas melodías.

Agardámosvos a todos.
Bo Nadal!!

B.F.

P.D.: Agradécese a difusión deste mail!

1 comentario:

anac dijo...

chévereeeeeeeeeeeeeeeeee, afeitealperro fala galego!!! aló estaremos, belos! muaaa